Feb

18

Un comentario d’O Rivas

          “(…) Hai poetas de máis por habitante en Galicia? Nun deses estrelampos que permite o humor, Marcial Suárez (O acomodador e outras historias) dicía que Allariz era o lugar con “máis igrexas por católico cadrado”. Co número de poetas en Galicia tense intentado un xogo irónico semellante, con infeliz resultado por parte dos cronistas que o intentaron. Nin en Galicia, nin no mundo enteiro, hai tantos poetas como debera. Diría máis: un dos problemas de Galicia e do mundo é a escaseza de mentes poéticas. Se, entre outras cousas, a poesía é a verdade que se rebela contra as aparenzas, poderiamos concluír que en Galicia hai un déficit poético (…)         

          Xoán Abeleira é un prometeo que adoita traballar na sombra. Escribe de cando en vez en La Opinión de A Coruña artigos insólitos, mananciais de frescura sorprendente en pleno quecemento global. Autor d’ A pegada de Man, en memoria dese mártir do ecocidio. Unha das mellores mentes, Abeleira, que non devorou o Moloch. E que [amais de tradutor e xornalista] tamén é poeta.

                Esa idea de que se levantas unha pedra en Galicia pois sae un poeta é unha brincadeira cando se di entre poetas. É unha arroutada antipática no ámbito xornalístico. Se levantas unha pedra, non sae un Abeleira. O que adoita saír é un paspán (…)” 

Manuel Rivas, artigo publicado no suplemento Luzes, de El País.

http://www.aelg.org/resources/centrodoc/members/paratexts/pdfs/autor266/PT_paratext2183.pdf

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Moita/merda/elpepiautgal/20071214elpgal_20/Tes



Category: comentarios, Críticas | Comentarios desactivados en Un comentario d’O Rivas
Tags:



Comentarios


Os comentarios están pechados.

Name (required)

Email (required)

Sitio web

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Share your wisdom

    Fuso Negro son:

      Julio Cuns (guitarra) Karlos Barral (percusión) Kale Thunström (baixo) Bruno Couceiro (batería) Tono Galán (obras, escenografía, fotos, vídeos...) Xoán Abeleira (voz e percusión)

    Categorías

    Febreiro 2011
    M T W T F S S
    « Xan   Xuñ »
     123456
    78910111213
    14151617181920
    21222324252627
    28